Pequena mariquiña amarela que conta con 14 puntos negros (7 en cada élitro), que xeralmente se unen e se funden en grandes marcas negras. As súas patas son de cor amarelo. Miden entre 3,5 e 4,5 mm. e teñen unha ampla variedade de formas.
Pódense atopar en árbores de folla caduca, en prados, bosques e xardíns. A hembra pon uns 400 ovos, algo necesario dada a alta mortalidade entre as larvas.
Son grandes consumidoras de pulgóns e outras plagas, igual que moitas das súas compañeiras de especie.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.
Vídeos en Youtube de Propylea quatuordecimpunctata: