08 Oct
08Oct

Perenne, cespitosa, con talos únicos que poden acadar 80 cm. Follas planas de 2-10 mm. de ancho, con lígulas pelosas truncadas de ata 4mm. Inflorescencia de 1-12 cm., cilíndrica ou algo ovada. Espículas de 8-10 mm., lanceoladas.

Gluma inferior de 3,5-5 mm., membranosa con só a quilla verde, a superior de 8-10, lanceolada e acochando as flores. Lemas estériles acastañadas, de 3-4 mm., pubescentes, a superior con aresta xeniculadas de 7-11 mm. e a inferior con aresta recta de 2-4,5 mm. Lema fértil de 2-2,7 mm. Anteras de 3-4 mm.

Florece entre abril e xullo, moi común en prados. Cultívase tamén como forraxe. O nome específico fai referencia ao cheiro a cumarinas que libera a planta cando se corta (cheiro a herba acabada de cortar).


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.