17 Feb
17Feb

Planta cespitosa, glauca ás veces, con talos de ata 150 cm., erectos, con nós frecuentemente comprimidos. Follas con lígula aguda de 2-12 mm., e limbos de 1-8 mm. de anchura. Inflorescencia en panícula de 1,5-30 cm., subespiciforme ou con 1-3 pólas máis ou menos patentes que levan os grupos de espículas.

Espículas de 3,5-10 mm., con glumas aquilladas de 3,6-4,6 mm., a superior con 3 nervios e a inferior con 1, escábrida ou pelosa na quilla. Lemas de 3,5-6 mm., con aresta de ata 0,8 mm.

Florece entre abril e setembro en toda clase de chans e exposicións. 

Trátase dun taxón no que se describiron unha chea de subespecies e variedades que atenden a diferentes niveis de poliploidía, ecoloxías e mesmo orixes diferentes. 

A subespecie "glomerata" foi introducida para forraxe a partires do 1965.


Lugar de observación: A Veiga. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.