12 Feb
12Feb

Arbusto de folla caduca, con talos que poden acadar os 5 metros. As follas de 10-25 cm., dispostas sobre curtos peciolos, son lanceoladas, de beiras aserradas.

As flores forman unha panícula terminal compostas de cimas mestas, e levan pedicelos e cálice tomentosos. Corola 4-5 veces do longo do cálice, de cor entre lila e violácea, cun anel alaranxado na boca.

Tamén atopamos na comarca a variedade Alba, con corola branca. Esta subespecie ten as follas máis estreitas.

Florece entre xuño e outubro. 

É planta procedente de China, moi empregada en xardíns e a miúdo subespontánea preto de poboacións, en medios alterados como támaras ou cunetas. En ocasións en medios seminaturais, como pasteiros ou marxes de matogueiras. Noutras zonas, en ambientes riparios.

Está incluida no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras e no Catálogo Galego de Especies Exóticas Invasoras: (Descargar ficha)


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.