Planta con bulbo de 15 mm, con 2-3 follas de 15-30 cm. x 4-6 mm., lineares, acanaladas, e escapo de igual longura. Espata de 20 mm., verdescente na antese, escariosa despois. Flor solitaria, de cor amarela forte, péndula, cos 6 tépalos lineares de 15-25 mm. x 3-4 mm, revirados cara atrás.
A coroa, do longo dos tépalos, é tubulosa, estreita, co remate algo festoneado.
Florece entre febreiro e abril nas beiras dos ríos e regatos, en especial nas partes baixas do país (é máis raro no norte).
É especie endémica de Galiza e o norte de Portugal. Esta especie é considerada "vulnerable" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
Lugar de observación:
- Lago do Pontiñas. Lalín.
- Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.