Planta con bulbo algo aovado, de 15-20 x 10-15 mm. Follas en número de 2-4, de 1-2 cm. de ancho, e ata 40 cm. de longo. O escapo é dunha altura semellante, e leva unha flor única, amarela, máis ou menos tirando a horizontal, en espata escariosa de 17-35mm.
Os tépalos de 6-15 x 2-5 mm., lineares ou linear-lanceolados, máis curtos cá coroa, van na mesma dirección.
A tal coroa ten forma de cono invertido (trompeta), e medidas de 7-25 x 9-35 mm.
Estames normalmente inclusos na coroa.
Florece entre marzo e maio en toda Galiza, en ecoloxías variadas. Moi variable, hoxe téndese a consideralo dividido en varias especies e subespecies.
Lugar de observación:
- Lebozán. Lalín.
- Monte do Faro. Rodeiro.