19 Mar
19Mar

Planta con bulbo de 15-20 mm. do que xorden as follas, de 5-15 cm. x 2-6 mm., e o escapo, de 7-15 cm. Espata de 15-25 mm., verdescente na antese e escariosa despois. Flor única, pendurando, de cor amarela forte, con tépalos de 7-14 mm.

Coroa de 8-16 mm., estreitada do centro pero algo ancheada na boca, coas marxes lobadas ou festoneadas.

Florece entre febreiro e abril, en pastos e bosques caducifolios de montaña, aínda que pode baixar bastante en altitude (chega case ata A Coruña). A nosa planta foi descrita en Lugo en 1909 por Merino e adicada ao arcebispo Lago -personalidade gabada polo propio Castelao-, pero parece ser que entra dentro da variabilidade do que con anterioridade fora chamado N. asturiensis. 

Esta especie é considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Lugar de observación: Monte do Faro. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.