Planta de bulbo aovado, de ata 20x17 mm., do que xorden 1-3 follas lineares, de 15-30 cm. x 1-3 mm. e un escapo do mesmo longo, cilíndrico, cunha ou varias flores brancas pendurando. As flores tamén poden ser de cor amarelo pálido ou amarelo intenso. Os tépalos están revirados cara atrás, sendo a coroa tubulosa, ás veces algo festoneada.
Dos 6 estames, 3 son moi curtos e os outros tan longos como a coroa.
Florece entre febreiro e abril en lugares húmidos de toda Galiza. É endémico da metade norte da Península Ibérica.
Lugar de observación: