06 Dec
06Dec

Planta que forma densas moutas, con raíces e talos trígonos de ata 150 cm., cos ángulos escábridos. Follas de 3-7 mm. de ancho, moi ásperas e máis curtas cós talos. Lígula de 1-4 mm., antelígula ausente.

Bráctea inferior moito máis curta cá inflorescencia, non foliácea senón setácea. Inflorescencia de 8-20 cm., moi ramosa abaixo, con moitas espigas ovoideas, que levan na parte superior flores masculinas e na inferior femininas (as espigas inferiores poden ser só masculinas). 

Glumas femininas ovais, agudas ou mucronadas, de cor clara ou algo acastañada, con ancha marxe escariosa. Utrículos de 3-4 mm., plano-convexos a biconvexos, piriformes, con veas ben marcadas, estreitados superiormente en bico de 0,7-1 mm., bidentado e rodeado dunha á denticulada. Estigmas, 2.

Florece entre maio e xullo á beira das charcas, ameneirais e lugares húmidos de zonas baixas.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.