28 Sep
28Sep

Perenne, con rizoma groso e talos trígonos de ata 90 cm. As follas, de 4-10 mm. de ancho, poden acadar a altura dos talos. Brácteas da inflorescencia en número de 5-11, sobrepasándoa. Esta consta dunha umbela simple ou composta, de 8-12 radios de ata 12 cm., con cabezolas mestas formadas por espículas de 8-13 x 2-3 mm. con 14-30 flores de cor vermella amarelada. Flores con 1 estame.

Florece entre maio e setembro en beiras de camiños e terreos removidos, a miúdo con certa humidade. Procede de América tropical e subtropical, pero hoxe aparece moi espallada por todo o país.

Esta planta está catalogada como invasora no catálogo de flora exótica invasora de Galiza. A súa introducción probablemente foi accidental, como mala herba en cultivos.

Propágase tanto por sementes como por rexeneración a partir do rizoma.

Na maioría dos casos atópase en hábitats alterados, aínda que tamén aparece en medios naturais ou seminaturais, normalmente en marxes de ríos e praderías encharcadas, costeiras ou non, en sotobosque de ameneirais alterados ou salgueirais e outros. É tamén unha invasora en Australia, así como no Reino Unido en Europa.


Lugar de observación: Lago do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.