10 Sep
10Sep

Planta anual ou bienal, de ata 20 cm., con talos solitarios que levan na base mouta caduca. Follas de 0,6-2 x 0,3-0,6 cm., elípticas, máis longas canto máis arriba.

As flores, pediceladas, de 20-25 mm., son amarelas, levando cálice case tan longo coma o tubo da corola, esta con lóbulos agudos. Froito en cápsula, dobre de longo có cálice.

Florece entre maio e agosto, en areas ou prados a miúdo preto do mar, pero tamén no interior.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.