Arbusto de talos ramosos de ata 100 cm., pubescente cando novo. As follas son sésiles, ovado-oblongas, a linear-oblongas, de 30-60 x 5-20 cm., planas ou apenas revolutas, pelosas por cara e envés, percorridas por 3 veas.
As flores levan 5 sépalos, 2 deles algo maiores, de cor verde-amarela, e 5 pétalos de 14-22 mm., brancos, a miúdo cunha mancha basal amarela. Estames desiguais.
Froito en cápsula de 5-6 mm. que abre por 5 valvas.
Florece entre maio e xuño en chans ácidos, sendo máis abondoso a baixas altitudes. Constitue endemismo da metade oeste da Península Ibérica.
Lugar e observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.