Planta estolonífera, con 4-8 follas de 10-40 x 0,5-2 cm. Flores dispostas en acio de 10-20 sobre escapo de ata 90 cm., simple ou ramificado. Tépalos laraxa a amarelos, co superior algo máis longo có resto. Anteras amarelas.
Florece en abril-agosto. É un híbrido produto de xardinaría entre dúas especies sudafricanas, Trotonia aurea e Tritonia pottsii que hoxe aparece moi espallado en Galiza, principalmente habita en medios alterados nitrófilos, próximas a zonas habitadas pero tamén en ambientes sombríos, principalmente fragas mixtas de ribeira, ameneirais e salgueirais. Necesita solos frescos, tolerando inundacións temporais que poden favorecer a súa expansión por diseminación dos talos subterráneos.
Esta especie é unha das plantas invasoras máis difíciles de controlar, especialmente cando se trata de eliminar poboacións extensas e establecidas. Neste caso é unha tarefa que requirirá moitísimo tempo (anos) e un esforzo continuado.
Eiquí podemos atopar a ficha incluida no Catálogo Galego de Especies Exóticas Invasoras: (Ver ficha)
Lugar de observación: Lalín