19 Feb
19Feb

Planta erecta que acada os 2 metros, co talo asucado e con aguillóns. Follas caulinas enteiras ou algo dentadas, unidas polas bases, coas nervacións cubertas de aguillóns tamén.

As flores, con corola rosácea de menor tamaño cás brácteas que levan ao pé, aparecen dispostas en capítulos ovoideo-cilíndricos de ata 8 cm. de longo, espiñentos.

Florece entre xuño e agosto en lugares secos de toda Galiza, como nas proximidades das praias, coídos de beiras de ríos ou beiras de camiños. Considérase planta diurética.


Lugar de observación: Pozo Negro. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.