19 Feb
19Feb

Glabro, glauco, perenne, con cheiro típico a anís, acada 250cm. Os talos son estriados, algo ocos (polo menos nas partes anchas). As follas basais e caulinas medias de perfil triangular, de 10-43 cm., bi ou tripinnatisectas levan lóbulos filiformes de 10-40 mm. de longo.

As flores, de 1-2 mm., con pétalos amarelos, van en umbelas terminais e laterais de 5-40 radios de 2-7,5 mm., sen brácteas nin bractéolas. O froito mide 3-10 mm., sendo castaño na madurez.

Florece entre xuño e setembro, en especial a pouca altura, sendo algo nitrófilo. 

Os froitos (anises) son empregados para condimentar as castañas, e as follas e talos, amais de ser comestibles, úsanse para facer a festa dos Maios e cruces de Maio nos lugares nos que se conservan estas tradicións.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.