19 Feb
19Feb

Herbácea, con 2 bulbos recubertos por unha mesma túnica. Talo glabro ou con poucos pelos longos, con 1-2 follas basais filiformes, e outras caulinas lanceoladas. Flores péndulas antes da antese, en número 1-3, dispostas sobre pedicelos glabros. Tépalos amarelos verdosos de 8-11 mm., lanceolados, agudos, en número de 6.

Estames menores cós tépalos, con anteras de 0,7-1 mm. Ovario con estilete de 2,5-3,5 mm. Froito en cápsula oblonga.

Florece entre febreiro e maio en prados do interior de Galiza, raramente a menos de 400 metros de altura.


Lugar de observación: 

  • Lebozán. Lalín.
  • Monte do Faro. Rodeiro.
Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.