Perenne, con talos de 20-65 cm., erectos, pouco pelosos, que levan follas basais de 10-30 x 1-3,5 cm., lanceoladas, acuminadas, con longos pecíolos, e caulinas menores, sésiles ou apenas pecioladas. Inflorescencia terminal, laxa, de flores sobre pedicelos longos con cálice con pezas de 2-3 mm. (ata 7 na frutificación), e corola de 5-10 mm., azul.
Clusas de 2-3 mm., de beiras rodeadeas por unha á dentada. Florece entre abril e xuño en lugares húmidos e sombrizos, coma carballeiras e fragas de toda Galiza.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.