02 Apr
02Apr

Planta viváz, de talo áspero de 12-40 cm., con follas de verán de 16-32 x 4-8 cm. ata 50 x 6 cm., estreitamente lanceoladas, atenuadas na base e sen manchar de branco (na nosa subespecie), as superiores caulinas sésiles e algo amplexicaules, de base cortada.

Indumento mesto de pelos curtos, con algúns pelos máis longos, e glándulas de tamaño intermedio intercaladas, máis abondoso polo envés que pola cara. Inflorescencia en cima escorpioidea, con cálice de 5-12 mm. e corola violácea de 8-17 mm., de tubo interiormente glabro baixo o anel de pelos na gorxa. Clusas de 3 x 4 mm.

Florece entre marzo e xuño en bosques frondosos e con moito humus de gran parte do país. Esta subespecie é endémica do noroeste peninsular.


Lugar de observación: O Santón. Goiás. Lalín

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.