11 Apr
11Apr

Planta pubescente, con bulbo subterráneo que se converte nunha chea de bulbilos dos que xorden as follas, con longos pecíolos de 5-20 cm., con folíolos de 20-40 x 20-55 mm., obcordados a orbiculares, emarxinados, e coas beiras marcadas por puntos escuros, polo menos no envés.

As flores, en escapos pouco máis longos cás follas e dispostas en corimbo, levan corola en funil de pétalos de 15-20 mm., violáceos.

Florece entre maio e setembro en lugares removidos, xardíns, etc. É planta subespontánea (fuxida de cultivos) que procede de Sudamérica tropical.


Lugar de observación: Noceda. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.