Glabra ou case glabra, con bulbo subterráneo que emite unha chea de estolóns horizontais dos que xorden novos bulbilos. Follas con longos pecíolos de 5-20 cm., e foliolos de ata 60x100 mm., obdeltados, agudamente emarxinados, de beiras non punteadas.
As flores aparecen dispostas en inflorescencia en umbela sobre escapo máis longo cás follas. Corola en funil de pétalos de 15-20 mm., de cor rosa máis ou menos escura.
Florece entre maio e setembro en lugares removidos, xardíns, etc. Procede tamén da Sudamérica tropical.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.