15 Jan
15Jan

Planta perenne, leva un bulbo do que xorde un talo subterráneo con moitos bulbilos e unha mouta de follas a rente do chan. Estas, con pecíolo de ata 20 cm., levan 3 folíolos obcordados, emarxinados, de 8-20 x 12-30 mm. As flores, en funil, dispostas en talos afilos máis longos cás follas, van en umbelas de 6-12, con pétalos amarelos de 20-25 mm.

Florece entre xaneiro e xuño de maneira explosiva en terras algo removidas ou de cultivo. Orixinaria de Sudáfrica, aparece moi espallada hoxe grazas á súa reprodución vexetativa (é raro ver os froitos formados).

Os nenos chuchan os escapos florais, que teñen sabor a ácido oxálico.


Lugar de observación: Abades. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.