Arbusto caducifolio de 1-4 metros, con ramas longas, de medula branca e cortiza de cor castaño, follas opostas, ovadas ou elípticas, de 4-9 cm. coa marxe dentada, flores brancas ou de cor branco crema, moi olorosas, en curtos ramalletes na terminación das ramas laterais.
Florece en primavera e verán. Leva moito tempo cultivándose coma planta ornamental, pero xa pode atoparse asilvestrada nalgunhas zonas.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.