Planta perenne, de raiceira leñosa da que xorden talos ramallentos de ata 35 cm., floríferos ou estériles, glabros. As follas son alternas, as inferiores elípticas, e as superiores linear-lanceoladas.
As flores (azuis, moradas ou brancas) aparecen en acios mestos de 10-40, cónicos, alongados na frutificación, levando cada pedicelo unha bráctea do seu mesmo longo. As ás, de 4-7 mm., con 3 nervios verdes, son máis curtos cá corola (6-8 mm.), e a quilla leva crista fimbriada.
Florece entre abril e xuño, en prados e breixos. Abondosa en todo o país.
Lugar de observación: Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.