23 Jul
23Jul

Rizoma recuberto de escamas de 3-6 mm., do que xorden as frondes, que poden acadar 50 cm., sendo a lámina moito máis longa có pecíolo e de perfil oblongo-lanceolado, con pinnas normalmente obtusas.

Os soros, en dúas ringleiras no envés, son redondeados, e non levan paráfises -formacións a modo de pelos que envolven os esporanxios-, ás veces con pelos grandulares. O anel de apertura dos esporanxios está formado por (7) 11-14 (18) células.

A esporulación pode ter lugar todo o ano, aínda que é máis habitual en abril-setembro. Atópanse en especial sobre rochedos, muros, etc., pero tamén é posible atopalo epífito sobre árbores ou en chans areosos e mesmo de carballeiras ou soutos.

O rizoma, que se toma en infusión, considérase purgante e vermífugo.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.