Perenne, con talos de 10-60 cm, procumbentes, a miúdo arraigantes ou aboiando na auga. As follas caulinas, de 2-18 x 1-6 cm., glabras, levan limbo pinnado con 2-6 pares de folíolos, os laterais de 10-40 mm., menores có terminal.
As flores levan sépalos de 2 mm., e pétalos brancos de 3,5-4,5 mm., ás veces coa unlla violácea. Os froitos son silicuas de 10-20 mm., dereitas ou algo curvas, dispostos sobre pedicelos de 6-15 mm.
Florece entre marzo e setembro en lugares húmidos, en especial beiras de regatos de toda Galiza. É boa para ensalada, e tense empregado ademáis como antiescorbútica -contén vitaminas A e C-, e contra as lombrigas (antihelmíntica). Non se debe tomar xa florecida, nin en moita cantidade.
Lugar de observación: Río Pontiñas. Lalín.