12 Feb
12Feb

Planta agabeadora, con talos algo leñosos de ata 300 cm., glabros ou cubertos de aguillóns retrorsos. As follas ásperas, ovaladas ou lanceoladas cubertas de aguillóns antrorsos.

Flores de corola verde-amarela. Froito en baia negra unha vez maduro. 

Florece entre maio e xullo en bosques, sebes ou entre rochas, en especial nas zonas máis secas de Galiza.


Lugar de observación: Fervenza do Toxa. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.