Arbusto que pode acadar os 5 metros de altura, con miolo branco, lixeiro e mol. Florece entre abril e agosto en lugares algo húmidos e con materia orgánica de toda Galiza.
Foi xogo tradicional infantil a feitura de tiratacos e xeringas coas pólas, despois de extraer o miolo.
Os froitos, aínda que lixeiramente tóxicos, son laxantes e téñense empregado para dar cor ao viño tinto. As flores son sudoríficas e antitusíxenas.
Lugar de observación: Taboada. Silleda.