12 Feb
12Feb

Perenne, con talo de 10-40 cm., erecto, ramoso na parte superior. Follas de 15-60 x 2,5-7 cm., algunhas sobrepasando o talo. Inflorescencia en panícula laxa con varias ponlas patentes, e de 3 a 7 flores cada unha. 

Tépalos elípticos. Cápsula globosa de 5 mm., con 3-6 sementes negras. Florece entre maio e agosto. 

Atopámola en monte baixo, entre piñeirais, en especial nas partes baixas do país.


Lugar de observación: Carballeda. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.