Perenne, gabeadora, que acada 4 metros de altura. Sempre o fai enrolándose cara a esquerda (sinistrosa). As follas, alternas, de 8-15 x 4-11 cm., con longo peciolo e 3-9 nervios converxentes, son de dous tipos: unhas son ovalado-cordadas con puntas alongadas, e outras son trilobadas, de maneira que os 2 lóbulos inferiores son redondeados e o terceiro lanceolado.
As flores, de 3-6 mm. de diámetro, son amarelo-verdosas, indo as masculinas en acios axilares delgados, do tamaño das follas, e as femininas en acios máis curtos e de menos flores.
Froito en baia de 10-12 mm., vermello brillante.
Florece entre abril e xuño e os froitos madurecen un pouco despois. Atópase en lugares húmidos e sombrizos, como beiras de ríos. Os froitos arden na boca, e son, igual co rizoma, velenosos.
O rizoma é semellante a un nabo e foi empregado como medicinal en tempos. A miúdo, a planta é trabucada co mexacán, Bryonia cretica.
Lugar de obsrevación: Fervenza do Toxa. Silleda.