20 Feb
20Feb

Vivaz, con talos herbáceos de ata 200cm. máis ou menos erectos. As follas son ovadas lanceoladas, de base redondeada, glabras nas beiras e algo maiores que a Vinca difformis. As flores ciliadas nas beiras e no cálice, con pedicelos menores cás follas correspondentes, levan cálice con lóbulos lineares e corola azul. As flores tamén son algo maiores que a Vinca difformis.

Florece entre febreiro e xullo aparecendo como subespontánea procedente de cultivo.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.