23 Feb
23Feb

Espallada por toda Galiza dun xeito moi abundante, en biotopos frescos e húmidos e mesmo parques e xardíns, dende abril a setembro nunha longa xeración.

 

A eiruga, negra con moitas espiñas e puntiños brancos, aliméntase de Urtica urens, U. dioica e outras urticáceas, tendo hábitos gregarios.

Inverna coma adulto en abeiros naturais, reaparecendo en primavera para poñe-los ovos, sempre en grupos numerosos, morrendo de seguido.

Crisalida pendurada polo cremáster da planta nutricia, e mesmo doutros obxectos coma pedras, saíntes dos edificios, etc., sendo de cor grisácea ou verdosa, con tons dourados e fronte bífida.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.