Especie común en zonas medias e altas, sendo pola contra moi rara nas zonas de litoral. Voa en pradeiras de zonas montañosas e outras zonas, en xeral abertas e húmidas, no periodo de xuño a agosto nunha soa xeración.
A eiruga, de cor verdosa, aliméntase de Poa annua, Poa pratensis e outras gramíneas.
O macho é máis escuro cá femia, tendo esta unha fina liña amarela preto da marxe e ocelos visibles nas ás posteriores.
Lugar de observación: Pena de Francia. Dozón.