Trátase dunha bolboreta común en toda Galiza, que voa en zonas húmidas cubertas de vexetación, pradeiras floridas, claros de bosque, lindeiros e camiños. Presenta unha soa xeración de xuño a principios de agosto. A eigura, de cor anegrellada con pequeniños puntos brancos e espiñas ramificadas, é invernante de xeito gregario nun abeiro o pé da súa planta nutricia.
Adoitan estar en comunidade e adoptar comportamentos sociais, xa que a presenza de varias larvas xuntas axúdalles a manter a calor durante o proceso de dixestión. As eirugas novas viven agrupadas en teas soportadas nas plantas das que se alimentan, sendo evidentes cara a finais de agosto. No outono fan teas máis fortes, máis preto do chan, xeralmente nas densas matas de herba, onde comezan a hibernar. Na primavera as eirugas comezan a dispersarse das súas comunidades despois da súa última muda. Cambian a cor do marrón a negro e de cando en vez poden ser vistas tomando o sol, xa que teñen que alcanzar certa temperatura para comer.
Grupo e eirugas agrupadas sobre a tea
Come Scabiosa columbaria, Digilatis purpurea, Lonicera periclymenum e outras caprifoliáceas.
A femia pon os ovos en grupos numerosos no envés das follas.
A crisálida, branca con bandas negras punteadas de manchas leonadas, atópase en rochas, toros próximos e, a miúdo, na súa planta nutricia. Femia de maior tamaño e tons máis suaves có macho.
Na fotografía seguinte, podemos ver a súa crisálida.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.