Especie común en Galiza e ás veces moi abundante en áreas de fraguiza, zonas pedregosas, lindeiros de bosques e ó longo de camiños, carreiros e beiras dos ríos, no periodo que vai dende maio a setembro en dúas xeracións.
Exemplar macho
Eiruga verdosa clara cunhas liñas lonxitudinais branquiñas moi evidentes. Aliméntase de Poa pratensis, Hordeum vulgare e outras gramíneas dos xéneros Festuca e Bromus.
Exemplar femia
Os ovos atópanse de xeito illado en follas ou raiciñas descubertas. A crisálida é verdosa con puntos amarelos. Macho con androconia moi visible coma diferencia máis salientable con respecto á femia.
Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.