É unha especie moi común en toda Galiza, voando en pradeiras húmidas, terreos incultos, beiras de bosques e zonas floridas, no periodo de maio a setembro. Ten unha xeración anual, aínda que a miúdo se ollan dúas xeracións no sur do país.
As eirugas, que son invernantes, presentan a zona superior negra e a inferior alaranxada, tendo desenvoltas espiñas grisáceas.
Aliméntase de Centaurea nigra, Centaurea cyanus e Centaura calcitrapa.
As femias colocan os ovos en grupos numerosos no envés das follas. A crisálida, pendurada polo cremáster, é angulosa con prominencias dorsais de punta vermella. Diferénciase doutros meliteidos, por pouir a lúnula submarxinal central das ás anteriores de maior tamaño có resto.
Lugar de observación: Pena de Francia. Dozón.