23 Feb
23Feb

Unha das bolboretas máis abundantes de toda Galiza, en zonas frescas e húmidas, camiños, carreiros, vieiros e todo tipo de biotopos umbríos. Voa dende marzo a outubro en dúas ou tres xeracións. 

A eiruga, de cor verdosa, aliméntase de Poa pratensis, Brachypodium pinnatum, Dactylis glomerata e Agropirum repens. Ás veces pasan o inverno coma eiruga, igual có resto da familia, pero nesta especie moitas eirugas crisalidan xa no outono, invernando nesta fase suspendidas polo cremáster dun talo da planta nutricia. Isto non esgota as posibilidades da especie, capaz de invernar tamén como adulto, que ollaremos voar nos días soleados de inverno.

A crisálida é verde clara cun alongamento torácico característico.

A femia posúe dúas manchas leonadas postdiscais preto do ángulo anal das ás anteriores, que non aparece no macho.


Lugar de observación: Serra do Candán. A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.