Bolboreta moi común e ben representada en toda Galiza. Coloniza zonas de arboredo, fraguizas con silveiras, camiños, leiras e biotopos húmidos en xeral, en dúas ou tres xeracións moi xuntas dende maio a setembro.
As eirugas, con espiñas moi ramificadas e de cor vermella alaranxada, teñen unha grande mancha branca na rexión dorsal do abdome e aliméntase de Urtica dioica e U. urens, Corylus avellana, e outras árbores dos xéneros Ulmus e Populus.
Son de costumes solitarias. A femia coloca os ovos illados ou en grupiños sobre as follas ou talos da súa planta nutricia. Inverna como imago.
Crisálida pendurada polo cremaster de cor parda e cunha prolongación torácica con aspecto de quilla.
Bolboreta moi característica polo "c" branco, que lle da o nome á especie situado no centro do reverso das ás posteriores.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.