21 Feb
21Feb

Planta de talos ocos, glabros, reptantes ou algo erectos, de ata 30 cm. As follas, acorazonadas, levan as beiras dentadas, de pecíolo máis longo canto máis abaixo. 

As flores, de 2-5 cm., de diámetro, pediceladas, levan sépalos amarelos (a miúdo verdosos por baixo), de 15 x 10 mm., e frutifican dando 5-10 folículos de 10-15 mm., con bico de 2,5-3 mm. de longo.

Florece entre abril e xullo en zonas húmidas do interior de Galiza. É unha planta considerada tóxica para o gando. Das súas flores obtense pigmento amarelo. Aseméllase moito ás especies de Ranunculus, pero diferénciase facilmente porque Caltha leva só un verticilio no perianto.


Lugar de observación: 

  • Fraga de Quiroga. Catasós. Lalín.
  • Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.
Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.