18 Feb
18Feb

Vivaz, glabra na parte superior de talo e peciolos, pelosa no resto, cos talos máis ou menos ramosos de ata 50 cm. de altura. Follas basais agudas, ovadas ou elípticas. Florece entre maio e xuño e é abondoso só en lugares áridos das serras do sur de Ourense (Pitós, Xures, Santa Eufemia...), na estrema con Portugal. 

Aínda que Xosé Ramón García indica na súa "Guía de Plantas de Galicia" que se trata de un endemismo portugués e de áreas limítrofes, puidemos observar algúns exemplares na parroquia de Zobra na Serra do Candán. 

Esta planta está incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.