21 Feb
21Feb

Planta vivaz, de ata 40 cm., con raíces tuberosas e talo peloso na base con 1-2 flores. 

Talo pelos na base, con 1-2 flores. As follas, en mouta basal, levan limbo de ata 30 x 40 mm., reniforme, con 3-5 lóbulos de beiras crenadas. Flores con pétalos de ata 16x14 mm. 

Aquenios planos, de 2 mm., con bico curvado ata 1,5 mm., dispostos en glomérulos elípticos ou cilíndricos.

Florece entre abril e xullo no interior de Galiza. Non é unha especie abondosa. Endemismo ibérico.


Lugar de observación: Alperíz. Parada. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.