Bulbo fusiforme, de 6-11 x 1-2,5 cm., coa túnica externa reticulada. Talo de 40-80 cm., con 2-3 follas que o envaíñan ata a súa metade e son pecioladas, elípticas, planas, de 14-25 x 3-7 cm. Umbela esférica, mesta, de 2-5 cm. de diámetro, con espata de 1-3 valvas persistentes ou caducas, máis curtas cá inflorescencia. Pedicelos de 10-25 mm., desiguais, máis longos cós tépalos.
Flores con tépalos amarelos esvaídos, os externos de 4,5-6 x 2-3 mm., elípticos. Extames exertos, con filamentos simples e anteras amarelas. Ovario trilobado, que dá froito en cápsula de 4x5 mm., pedicelada.
Florece entre maio e agosto, en lugares sombrizos ou húmidos a certa altitude. Aínda que foi considerada unha especie rara en Galiza, nestes últimos anos multiplicáronse as citas.
Lugar de observación: Beira do río Deza. A Cabana. Zobra.