Planta con bulbo de 20-50 mm., do que xorden as follas, glaucas, de 8-50 x 5-15 mm., e mais o escapo, de ata 50 cm. (raras veces máis).
As flores, normalmente solitarias pero ás veces hasta 4, de cor variable -de branco ou crema a amarelo forte-, levan tépalos de 18-40 mm., e coroa de 15-45 mm., co ápice festoneado ou fimbriado.
Florece entre marzo e maio, en lugares frescos como beiras de ríos ou sotobosques. Constitúe en realidade un grupo amplo de especies, máis ou menos admitidas como tales ou como subespecies, que se diferencian segundo as características de tamaño e coloración dos tépalos e a coroa.
Entre elas, en Galiza aparecen as subespecies "nobilis" e "moschatus", sendo a primeira delas considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
Lugar de observación: Lalín.